#eye#eye
animación de un cartel con formas geométricas y jóvenes en una playa


Bandeira negra é unha experimentación con técnicas sostibles e materiais naturais e reciclados, e o seu obxectivo principal é sacar unha infografía de contexto para adaptala ao entorno dun museo de arte. Foi realizado no taller de serigrafía da EMAO de Vigo como proxecto de fin de estudos da especialidade de Serigrafía Artística. A temática escollida é o ecosistema de praias e os efectos negativos da limpeza mecánica sobre o mesmo. Moitos dos gráficos xorden a partir dun compendio de estudos proporcionados por Mariano Lastra, catedrático do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo. A él débolle tamén o meu agradecemento por ter suxerido a idea.
Dende un principio, o proxecto tivo un carácter experimental. Mentras xeraba os diversos gráficos (algúns vectoriais, outros cun carácter máis analóxico coma as ilustracións) e os adaptaba ao proceso serigráfico, probei diversos materiais como base e incluso cheguei a crear unha tintura a partir de algas frescas, que finalmente foi descartada. O medio escollido foi a madeira, cun fondo escurecido por pintura acrílica e algúns puntos de luz proporcionados por recortes de revistas engadidos a modo de collage. A tinta branca é de base auga, sendo a solución máis sostible.  






animación de una infografía sobre algas
fotolito preparado para llevar a una pantalla de serigrafía
O traballo no taller foi laborioso debido á textura da madeira unida á do papel, e sendo a estampación con tinta branca moi difícil de por sí. Esto propiciou que varias láminas tiveran que ser repetidas no proceso.

A impresión non é perfecta, pero tampouco era o que se pretendía. Por iso, todo aquel interesado en examinar con calma os datos, pode solicitarme a versión en pdf por correo electrónico. 



gif de seis infografías sobre algas serigrafiadas sobre madera con tinta blanca
Unha vez rematados os pósters, diseñei folletos cun código QR que redirixe a esta web. Pensando en facer un diseño que se poida aproveitar con posterioridade, a outra cara é unha lámina estampada a man que quizáis a alguén lle apeteza conservar.  

Por último, e para integrar a obra no espazo, instaláronse tres marcos de cartón reciclado pintados con acrílico dourado e recubertos con area e algas recollidas na praia dos Olmos (Vigo).

Só me queda darlle as grazas de corazón a Mariano Lastra pola súa colaboración desinteresada, a Alba Pardo por tódala súa axuda e por ser unha inesgotable fonte de inspiración e a miña familia pola súa infinita paciencia. ︎︎︎
resultado de las seis infografías serigrafiadas en madera expuestas en la Emao de Vigo